A pandeireteira muxiá Eva Castiñeira
A celebración do Día das Letras Galegas 2025 está moi preto.
Deixamos aquí unha ampla variedade de recursos e materiais didácticos para traballar co alumnado:
- O PORTAL DA LINGUA GALEGA,
con un pequeno resumo sobre as cantareiras homenaxeadas e moitas propostas de
diferentes centros educativos:
- APRENDE COAS MULLERES GALEGAS, materiais da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, con UDIs sobre as cantareiras homenaxeadas:
e tamén sobre Dorothé Schubarth, a etnomusicóloga que transcribiu as melodías no Cancioneiro Popular Galego:
- PRIMAVERA DAS LETRAS, da Real Academia Galega, con materiais didácticos e lúdicos:
https://primaveradasletras.gal/
- SEMINARIO GALÁN, cun montón de recursos sobre as cantareiras e a tradición oral, para todos os cursos de Infantil e Primaria:
- POLAFÍA, sección de Literatura Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, onde aparecen centos de vídeos de recollas:
https://www.aelg.gal/Polafias/
- APOI, Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego, con rexistros sonoros e audiovisuais:
- AGO, Arquivo do Galego Oral do Instituto da Lingua Galega, con gravacións e transcricións de textos, situándoos no mapa de Galicia:
- TILG, Tesouro Informatizado da Lingua Galega, da USC, onde podemos buscar coplas tradicionais:
https://ilg.usc.es/TILG/gl/tilg
- AXUDÁDEME A CANTAR,
do Consello da Cultura Galega, documental de seis capítulos que pon en valor o canto acompañado con percusión de man:
https://consellodacultura.gal/especiais/axudademe-a-cantar/
e tamén entrevistas á mesma Dorothé Schubarth:
https://www.aelg.gal/Polafias/ShowMestre.do?id=22
- CANCIONEIRO POPULAR GALEGO, da Fundación Barrié, onde veñen letras, melodías e partituras, para descargar:
- INSTRUMENTOS MUSICAIS GALEGOS,
do Consello da Cultura Galega, onde podedes consultar unha descrición dos
instrumentos e a súa historia, material gráfico e audiovisual de cada un deles:
https://consellodacultura.gal/asg/instrumentos/indice-de-instrumentos/