martes, 22 de outubro de 2019

Comezan as emisións de Radio Camosiña

As nenas e nenos de 1º e 2º comezan as emisións dos boletíns de Radio Camosiña.

Podedes escoitalo neste enlace:

martes, 15 de outubro de 2019

O CEIP da Cruz, premiado no II Certame de fotografía "Imaxes do patrimonio" de Ponte... nas ondas!

Abel González Ramilo, alumno de 6º no noso centro, resultou premiado co 2º posto no II Certame de fotografía "Imaxes do Patrimonio", cunha fermosa fotografía do seu bisavó, que foi xefe dunha das estacións de tranvía de Vigo, alá polo ano 1930.

Parabéns, Abel!


Podedes atopar máis información sobre os resultados deste certame sobre o noso patrimonio no seguinte enlace: Certame de fotografía " Ponte nas ondas"