ACHÉGATE Á NOSA MÚSICA
Hoxe queremos explicar unha das propostas anuais que desenvolveremos ao longo do curso desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Observando que o curso pasado tivo moito éxito entre o alumnado as cancións das Tanxugueiras, pensamos que sería unha boa iniciativa para coñecer artistas do panorama actual galego propoñer cada mes unha canción.
No mes de outubro, co comezo do outono e a esperada chuvia, a canción escollida foi "Nomeando a Chuvia", do álbum Lingua Guapa, cantado por Uxía e con música de Néstor Blanco.
Para este mes de novembro a canción escollida é "E ti, só ti", do grupo valenciano El Diluvi, adaptado e cantado pola cantautora coruñesa Sés.
Esta canción está especialmente escollida para este mes no que celebramos o 25 de novembro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Se vos apetece escoitala, aquí vos deixamos a ligazón: "E ti, só ti"