Neste curso 2022/2023 outra das propostas que se celebran con regularidade son os Podcast de Radio Camosiña, a radio escolar do cole que podedes escoitar premendo na icona:
domingo, 15 de xaneiro de 2023
RADIO CAMOSIÑA
ACTIVIDADES DE ESPAZO LECTURA
XANEIRO: CAAMAÑO E AMEIXEIRAS
Feliz ano, familias!
Comezamos o mes de xaneiro da man de un grupo formado por Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras: Caamaño & Ameixeiras, dúas músicas que comezaron a súa andaina alá polo 2018 e acumula, na súa curta pero intensa traxectoria, un gran número de concertos, tanto dentro da xeografía galega, o seu lugar de orixe, como fóra dela e no ámbito internacional. De natureza principalmente instrumental, aínda que incorporando tamén algún tema vocal coidadosamente escollido, Caamaño&Ameixeiras toma como punto de partida a tradición, entendida como algo vivo e en constante cambio, para crear despois a súa propia linguaxe, con composicións e arranxos personais e íntimos que manteñen a esencia do popular pero incorporan recursos contemporáneos.
Aire! é o seu primeiro traballo discográfico, producido polo reconocido músico burgalés Diego Galaz, onde contan con colaboracións tan destacadas como Sílvia Pérez Cruz, Fetén Fetén, Abraham Cupeiro, Xavi Lozano, Carola Ortiz, Pablo Martín, Apel·les Carod ou El Pana.
Este traballo foi recoñecido recentemente co Premio Martín Códax da Música 2021 na categoría de Folk, así como co 1º Premio no Folkez Blai 2021, celebrado en Ermua (País Vasco).