O pasado 21 de novembro as mestras de Educación Infantil aceptaban a proposta de colaboración con Espazo Lectura, a organización non gobernamental fundada para o fomento e a animación á lectura en lingua galega. Así que o pasado luns animáronse a levar a cabo unha sesión xuntas no CONTOMAR na Biblioteca Pública de Gondomar. Unha sesión na que combinaron diferentes lecturas e divertíronse intercambiando co público as seguintes pezas:
– Unha cor propia (Kalandraka).
– Bonobos con lentes (OQO).
– Iriña bailarina (Embora).
– Grisela (Kalandraka).
Foi unha tarde moi agradable e agradecida a partes iguais, polo que de seguro, repetirán e agardan a vosa asistencia a esta actividade!
Neste enlace podedes ver algunhas imaxes dese día:
Ningún comentario:
Publicar un comentario