A PALABRA DO ANO 2022
A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren un ano máis, a través do Portal das Palabras, a campaña para a elección colectiva da Palabra do Ano. Todas as persoas que o desexen poden enviar as súas suxestións, ata o vindeiro 11 de decembro, a través desta ligazón:
https://portaldaspalabras.gal/palabradoano/
A votación telemática para escoller entre as finalistas a palabra gañadora desenvolverase do 13 ao 25 de decembro.
Dende 2014 o Portal das Palabras convida ademais a todas as persoas que o desexen a participar na escolla da Palabra do Ano. Nas edicións anteriores foron elixidas tanxugueiras (2021), nós (2020), sentidiño (2019) deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) —coincidindo co centenario das Irmandades da Fala—, refuxiado, -a (2015) e corrupción (2014).
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
O equipo de Dinamización da Lingua Galega