Ola!
No mes de xaneiro tivemos a sorte de recibir a visita de Erick, o pai de Damián e de Antonella. Erick é músico, toca instrumentos musicais do folklore galego e tamén é profesor, ensina a persoas que queiras aprender a tocar estes instrumentos.
Ademais, Erick é tamén youtuber! Ten unha conta nesta aplicación con titoriales, técnicas, consellos... Se tedes curiosidade e queredes visitar a súa conta, premede a continuación en: Gaita & Percusión de Galicia.
Deixámosvos dous pequenos vídeos, xa que nesta visita tivemos concerto incluído con Antonella á pandeireta, Damián no bombo, Erick coa gaita e a profe Pili tocando o tambor!
Ningún comentario:
Publicar un comentario