Ola, familias e nenos!
Mañá sábado,16 de novembro, haberá unha gala para celebrar o "Día Internacional do Patrimonio", organizado por PONTE... NAS ONDAS!.
Será un gran espectáculo con música, contos, teatro e danza, e participarán artistas como Isabel Risco, Celso Fernández Sanmartín, Chulada da Ponte Velha e Ailá.
Esta gala pecha as actividades que comezaron en outubro en distintas cidades de Galicia e Portugal, e a entrada é libre, así que podedes ir todos os que queirades!
Como sabedes, PONTE... NAS ONDAS! é un proxecto feito para a coidar as nosas tradicións culturais de Galicia e Portugal, para que os nenos e nenas podan aprender delas e que se transmitan de xeración en xeración e non se perdan.
https://pontenasondas.org/que-e-ponte-nas-ondas/
Este proxecto comezou en escolas de Salvaterra de Miño e Monção (en Portugal), pero agora tamén se fai en moitas máis escolas, entre elas, a nosa.
Os nenos e nenas practican as súas tradicións na escola, e tamén usan a radio e as novas tecnoloxías para compartir todo o que aprenden coas súas familias e amigos.
Este pasado 4 de novembro, o CEIP da Cruz estreamos o curso en Ponte... nas Ondas!, aproveitando o Mes da Ciencia en Galego. O alumnado de 5º e 6º de Primaria gravou o primeiro podcast deste ano.
Podedes escoitalo na web de Ponte…nas ondas!:
http://escolasnasondas.com/ciencia-que-coida-e-preserva/
na súa páxina de Facebook, e tamén no enlace á plataforma "Ivoox" da nosa RADIO CAMOSIÑA:
https://www.ivoox.com/podcast-radio-camosina_sq_f1657709_1.html
Tamén informarvos de que hoxe venres, no Centro Veciñal e Cultural de Valadares, en Vigo, haberá unha festa para entregar os premios do certame “As imaxes do Patrimonio”.
Neste acto, o músico Paco Nogueiras fará unha actuación especial.
Se non podedes ir, non vos preocupedes, porque tamén podedes ver o evento en directo a través de Youtube e na web de Ponte... nas Ondas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario