luns, 30 de xaneiro de 2017

Día da Ilustración

Hoxe, 30 de xaneiro (data de nacemento de Castelao), celébrase, ademáis do Día da Paz e da non violencia, o Día da Ilustración.
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura, quere este ano renderlle un tributo especial a un dos grandes da ilustración galega: Álvaro Cebreiro.
Vídeo que percorre o universo creativo e as obras máis destacadas do ilustrador coruñés:

sábado, 28 de xaneiro de 2017

A retranca dun país



"Este luns 30 de xaneiro, Día da Ilustración e no que se conmemoran 131 anos do nacemento do noso grande artista e político Alfonso Daniel Rodríguez Castelao inaugúrase unha mostra do gran debuxante bueués Luis Davila que xa andivo por varios concellos da provincia en 2016 co gallo do #AnoCastelao
O seu humor estará no hall de entrada do pazo provincial xunto a Dora e o resto dos seus personaxes #humorengalego #máisAnoCastelao #risasnaDeputación."