O alumnado de 3º de Primaria preparou un podcast sobre o Samaín: Unha boa ocasión para falar dunha festa galega ligada ao outono, ás cabazas, ás castañas e á noite de Defuntos.
No podcast tamén houbo espazo para falar das emocións: da ilusión, da sorpresa, da alegría e do medo. Porque sentir medo ás veces é normal, e saber nomealo e compartilo axúdanos a entendelo mellor.
Foi unha actividade na que cada voz tivo o seu momento e na que aprendemos que as emocións, incluso as máis incómodas, tamén forman parte de quen somos.
Podedes escoitalo entrando no seguinte enlace:












