domingo, 21 de maio de 2023

PACO DEL RIEGO

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO



    Neste ano 2023 o autor ao que se lle adica o Día das Letras é Francisco Fernández del Riego. 
    A semana do 17 de maio chegamos ao cole e todo estaba cheo de guirnaldas con diferentes palabras: Vilanova de Lourenzá, Galaxia, Grial, Monforte de Lemos, Galeguismo... Repartimos polas aulas dous sobres con letras soltas que había que xuntar para poder construír algunha das palabras que estaban nesas guirnaldas e colocalas nos recadriños do mural que presidía a entrada, de maneira que unha vez descubertas todas as palabras puidemos ler cronolóxicamente aqueles feitos máis significativos da vida de Paco del Riego

    Para investigar sobre a súa vida e obra, utilizamos os libros de Xerais e Lela Edicións, onde os autores destas biografías detallan moitísima información sobre o autor. 
    Ademais, grabamos un pequeno vídeo onde os nenos e nenas de cada curso falan da relación existente entre as palabras asignadas e o autor homenaxeado.




Agardamos que vos gustase coñecer un pouquiño máis a vida e obra deste autor tan próximo á nosa vila!

Longa vida ás nosas letras!


mércores, 3 de maio de 2023

ACTIVIDADES DE MAIO DE ESPAZO LECTURA

  O CEIP da Cruz é centro socio protector da Asociación Espazo Lectura, unha asociación non gobernamental fundada para o fomento e a animación á lectura en lingua galega. 

Por esta razón, deixámosvos a continuación información das actividades de MAIO.
As actividades están abertas a todas as persoas que estean interesadas; animádevos a participar, hai para todas as idades!


REMATAMOS CON MOITA MÚSICA!

Ola, familias!

No mes de abril a canción proposta é de Fillas de Cassandra, que poderedes escoitar na seguinte ligazón: II. Lisístrata (Varre vasoira)


E para rematar este ciclo de recomendacións mensuais de grupos musicais galegos de actualidade, deixámosvos unha peza musical de Margarida Mariño, unha violoncellista da cidade de Vigo cunhas propostas musicais moi interesantes. 
Animámosvos a coñecela na seguinte ligazón: Golfiño

Aquí vos deixamos todas as recomendacións deste curso escolar 2022/2023:



Agardamos que vos guste!!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega