sábado, 23 de novembro de 2019

Día da Concienciación contra a Violencia Machista

Podcast feito polo alumnado de 6º de Primaria para traballar o Día da Concienciación contra a Violencia Machista:

O alumnado de 1º e 2º tamén preparou, no obradoiro de Expresión  oral e Escrita da profe Adelaida, o poema "O traxín da bruxa Rita", invitándonos a reflexionar sobre as tarefas compartidas dentro do fogar e a evitar todo tipo de actitudes machistas:

xoves, 21 de novembro de 2019

Guadi Galego, premio á promoción da Realidade Plurilingüe no estado español

Un galardón concedido precisamente polo seu último traballo, Immersión, no que recolle pezas cantadas en sete linguas da Península Ibérica (galego, éuscaro, catalán, aranés, asturiano, portugués e castelán), “É unha revisión musical e lingüística das miñas tres últimas obras”, expoñia Galego (Cedeira, 1974) a Daniel Salgado nunha conversa para Sermos Galiza, “porque pasei un intre de catarse e quixen volver atrás. Creo que lle sucede a moitos artistas, o que pasa é que tamén dá moita preguiza”. Lúas de outubro e agosto (2014), O mundo está parado (2016) e Bóla de cristal (2018), tratados pop con querenzas folk, son as fontes de Immersion, que publicará Boa. "Quería que as miñas fillas escoitasen esas linguas" A relectura é musical e é lingüística. As cancións pasan a sete idiomas, todos falados na Península Ibérica: catalán, euskera, occitano, aranés, asturiano, portugués, castelán e galego. “Pensei nos meus fillos e fillas. Quería que escoitasen esas linguas, algunhas moi minorizadas”, di. Estes premios teñen recoñecido en edición anteriores a Microsoft ou Eroski polo seu uso das diversas linguas do Estado.

luns, 18 de novembro de 2019

O tempo meteorolóxico

Unha canción para aprender a falar do tempo en galego



A Mesa pola Normalización Lingüística estrea un vídeo de Miguel Robledo, cunha canción de Magín Blanco, dirixida á cativad
Mesa pola Normalización Lingüística estrea este xoves O tempo meteorolóxico, o videclip realizado polo ilustrador Miguel Robledo a partir da canción de Magín Blanco para acompañar o libro ilustrado do mesmo nome que axuda a cativada a identificar os fenómenos meteorolóxicos e o seu nome en galego..
Este título forma parte xunto con O abecedario, As aves Os peixes e outra fauna mariña do proxecto didáctico que A Mesa adica áeducación infantil, proporcionando materiais en galego para nenas e nenos de 0 a 6 anos co obxectivo de potenciar o uso de vocabulario na nosa lingua nesta etapa. O videoclip está dispoñíbel en youtube, e o libro O tempo meteorolóxico pódese mercar nas librarías do país e mais na web da Mesa por 7,20 € para persoas socias e 8’55 € para público xeral. Hai un anaco dispoñíbel para consulta aquí.
O autor da canción é Magín Blanco (A Rúa, 1960), un dos máis coñecidos creadores de propostas musicais e escénicas para público familiar no panorama actual galego. Creador do universo que habitan A nena e o grilo e máis de Camiños, así como dalgunhas das composicións que forman parte de libro discos de referencia para a cativada do país como María FumaçaRosalía Pequeniña ou Canta o Cuco, Magín Blanco ponlle música e voz ás cancións que acompañan todos os títulos da colección que A Mesa adica á educación infantil, coas cancións O abecedarioVoa paxariñoPeixiños do mar e con este O tempo meteorolóxico que se estrea hoxe.
O autor do videoclip e ilustrador do volume é Miguel Robledo (Ourense, 1970), que como autor de cómic colaborou con La Voz de Galicia, Factoría K e El Jueves e como ilustrador editorial ten obras publicadas por Edicións Xerais, Mcgraw Hill USA, Santillana DuendeBux e Eurisaces Editora. Na actualidade é director creativo de Punto e Coma. Tamén traballou no proxecto de serie de televisión 3D O labirinto dos soños, realizou tanto a arte conceptual e do storyboard de Holy Night e o concepto de animación e a preprodución de Objetos perdidos. Como docente, ofreceu cursos e obradoiros para a Universidade de Vigo, Espacio Creativo The Room e foi titor en formación en centros de traballo para a Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
Segundo informa A Mesa, con estes contidos “quere contribuír con esta liña de publicacións a suplir a escaseza de materiais didácticos en galego para a etapa de 3 a 6 anos, fronte á grande cantidade de recursos existentes en castelán e en inglés, sobre a que alertou no Estudo sobre a educación infantil de Galiza de 3 a 6 anos. Curso 16/17, que se pode descargar no portal web da Mesa”. Así, expoñen que “os poucos materiais didácticos que existen para esta etapa débense ao compromiso das e dos educadores e mais á iniciativa social ou privada e dalgúns concellos, sen que haxa respaldo e promoción por parte da Xunta, que se desentende de poñelos a disposición das escolas. Isto supón un agravio comparativo, posto que o profesorado que queira traballar na nosa lingua coa cativada ten que elaborar os seus propios materiais”.