martes, 28 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA 2023

 DÍA DE ROSALÍA

23 DE FEBREIRO 2023

Á volta do entroido agardábanos a celebración do Día de Rosalía, e este ano a proposta do Equipo de Dinamización de Lingua Galega consistiu en sacar ao patio do centro os seus poemas.

A comezos do mes de febreiro cada grupo escolleu un poema de entre unha selección feita previamente. A maioría destes poemas complementábanse con temas musicais do álbum Rosalía pequeniña, de Uxía (Galaxia), o tema Tecín soia, do grupo d'A Banda da Loba, e a canción con xestos do grupo Migallas inspirada no poema Eu ben vin estar o moucho.

Cada grupo traballou na aula co poema escollido e os nenos e nenas escribiron os versos destes poemas nunhas cartolinas decoradas coa imaxe de Rosalía de Castro. Á volta das vacacións saimos ao exterior para penduralas nas árbores e en diferentes espazos, enchendo de versos e poemas o patio

Aproveitamos o bo tempo para celebrar un recital poético no patio, e puidamos escoitar algúns dos poemas escollidos para coñecer e achegarnos un pouco máis á obra de Rosalía. 

Celebración do Día de Rosalía 2023


Agardamos que vos guste!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega

luns, 27 de febreiro de 2023

ACTIVIDADES DE MARZO DE ESPAZO LECTURA

  O CEIP da Cruz é centro socio protector da Asociación Espazo Lectura, unha asociación non gobernamental fundada para o fomento e a animación á lectura en lingua galega. 

Por esta razón, deixámosvos a continuación información das actividades de MARZO.
As actividades están abertas a todas as persoas que estean interesadas; animádevos a participar, hai para todas as idades!

mércores, 1 de febreiro de 2023

VISITA MUSICAL

 Ola!

No mes de xaneiro tivemos a sorte de recibir a visita de Erick, o pai de Damián e de Antonella. Erick é músico, toca instrumentos musicais do folklore galego e tamén é profesor, ensina a persoas que queiras aprender a tocar estes instrumentos. 




Ademais, Erick é tamén youtuber! Ten unha conta nesta aplicación con titoriales, técnicas, consellos... Se tedes curiosidade e queredes visitar a súa conta, premede a continuación en: Gaita & Percusión de Galicia.

Deixámosvos dous pequenos vídeos, xa que nesta visita tivemos concerto incluído con Antonella á pandeireta, Damián no bombo, Erick coa gaita e a profe Pili tocando o tambor!




ACTIVIDADES DE FEBREIRO DE ESPAZO LECTURA

 O CEIP da Cruz é centro socio protector da Asociación Espazo Lectura, unha asociación non gobernamental fundada para o fomento e a animación á lectura en lingua galega. 

Por esta razón, deixámosvos a continuación información das actividades de FEBREIRO.
As actividades están abertas a todas as persoas que estean interesadas; animádevos a participar, hai para todas as idades!


FEBREIRO: DE VACAS

Ola, familias!

Neste mes de febreiro no que celebramos o Día de Rosalía deixámosvos unha recomendación lectora para ir entrando en materia: Rexurdimente, do grupo De Vacas
Se non coñecedes ao grupo bulide e escoitade as súas cancións, entre as que poderedes atopar versións moi divertidas e intelixentemente adaptadas. 

Deixámosvos aquí a canción escollida: "Rexurdimente"

Agardamos que vos guste!!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega