A Real Academia Galega adiántanos a súa programación arredor de Begoña Caamaño, autora á que se lle dedican as Letras Galegas deste ano.
No seu espazo web Primavera das Letras atoparemos recursos lúdicos e didácticos para achegarlle á rapazada a figura da homenaxeada, como por exemplo unha obra de teatro de An Alfaya para o alumnado de Primaria.


