mércores, 27 de febreiro de 2019

Día de Rosalía

Estamos de celebración: o domingo 23 de febreiro foi o Día de Rosalía.
Baixamos ata Panxón ao concerto "Rosalía Pequeniña", da cantante Uxía, e o luns, na entrada do cole, houbo un pequeno acto no que o gaiteiro Antón González e Pili, a profe de Música, interpretaron a "Alborada de Rosalía de Castro".
Leuse un pequeno manifesto (da Asociación de Gaiteiros Galegos) e pegamos versos de Rosalía nun mural.





Podedes escoitar a Alborada de Rosalía de Castro na versión dos Gaiteiros de Soutelo:





venres, 1 de febreiro de 2019

mércores, 19 de decembro de 2018

RECOMENDACIÓNS DE MÚSICA E LECTURA

Aquí tedes as recomendacións de lectura e de música en galego, que se fixeron a partir do gran traballo feito polos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo.
Para agasallar en galego!







domingo, 12 de febreiro de 2017

Xabarín TVG

"Unha noticia de interese para o alumnado máis novo e as súas familias:  A CRTVG ofrece a súa programación infantil a través dunha nova aplicación, Xabarín TVG, dispoñible para móbiles e tabletas, con todas as series de animación en galego que se emiten pola TVG2 dentro do espazo Xabarín Club."

http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/novidades/_/contido_0652/xabarin-tvg-nova-aplicacion-infantil-tvg