mércores, 9 de novembro de 2022

BENVIDA 2022/2023

BENVIDAS E BENVIDOS A UN NOVO CURSO ESCOLAR!

Hai unhas semanas que comezamos o curso escolar, e desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) xa comezamos a traballar para levar a cabo unha serie de actividades e propostas que teñan o obxectivo de fomentar e promover o uso da lingua galega na nosa vida diaria, escolar e familiar, así como achegarnos á nosa cultura musical, artística, literaria... 

Ao longo do curso colgaremos neste blogue información de interese relacionada coa lingua galega, así como imaxes e información das diferentes actividades que desenvolveremos no centro escolar. Estade atentos e atentas porque... pode que precisemos da vosa axuda!! 




Achegamos neste post as actividades da asociación Espazo Lectura, da que o noso centro é socio protector. Animádevos a participar, hai actividades para todas as idades! 

Un saúdo!

luns, 20 de xuño de 2022

CONCERTAZO NA HORTA!

 CONSERTASSO NA HORTA!

O mes de xuño comezou con moita música no cole! Xa tiñamos moitas ganas dun concerto e tivemos a sorte de contar con Brais das Hortas e o seu "Consertasso na Horta". Cantamos, bailamos, rimos e gozamos xuntos dunha actuación xenial! 

Aquí vos deixamos un vídeo con algunhas imaxes. Lembrade escoitar moita música e ir a algún concerto de cando en vez! 


xoves, 19 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 LETRAS GALEGAS 2022


      Neste ano 2022 o autor homenaxeado nas Letras Galegas é Florencio Delgado Gurriarán, nado en Córgomo, Vilamartín de Valdeorras (Ourense) no ano 1903 e falecido en Fair Oaks, Estados Unidos, en 1987.
       
      A través de diferentes propostas, ao longo destes días fomos achegándonos á súa biografía e obra, e tamén habilitamos un espazo na biblioteca do colexio onde están expostas algunhas fotografías da súa vida, así como as capas dos libros que publicou e bibliografía sobre o autor, coa que traballamos nas aulas. 

       Neste vídeo podedes ver imaxes das actividades que se realizaron desde as aulas: un xogo de probas con cuestións sobre os diferentes autores homenaxeados nas Letras Galegas, a elaboración do comecocos de Florencio co que podemos xogar e aprender datos sobre o autor ou xogos de preguntas que fixemos entre todos na pantalla dixital e cos que aprendimos un montón.

        Como veredes nas imaxes, tamén puidemos disfrutar da obra de teatro que os compañeiros de 3º e 4º prepararon para todos os nenos e nenas do colexio e coa que nos divertimos un montón!


Ademais, os nenos e nenas de 2º de primaria interpretaron "Camiño da Serra", sobre un poema de Florencio Delgado musicado por Susa Herrera e con arranxos de Xosé Liz. Escoitade, escoitade! Fixérono xenial :)


E xa por último deixámosvos unha imaxe con información sobre onde atopar diferentes materiais sobre este autor, por se queredes coñecelo un pouco máis e vos apetece xogar na casa coas vosas fillas e fillos.



venres, 15 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO


- Dende Radio Camosiña quixemos facer un podcast sobre o homenaxeado este ano: Radio Camosiña Letras Galegas 2020

- Aquí están unhas cantas propostas para celebrar o Día das Letras Galegas, coñecendo máis a fondo a figura de Ricardo Carvalho Calero:

INFANTIL, 1º E 2º DE PRIMARIA
3º e 4º DE PRIMARIA
5º E 6º DE PRIMARIA

mércores, 8 de abril de 2020

Poemar o mar

Para celebrar o Día Mundial da Poesía, uns poemas preciosos de Antonio García Teijeiro.

Podedes escoitalos no novo podcast de Radio Camosiña:

https://www.ivoox.com/poemar-o-mar-audios-mp3_rf_49833158_1.html

xoves, 19 de decembro de 2019

Carta de Nadal

Os mellores desexos para estas Festas, do alumnado de 4º de Primaria para Radio Camosiña:

Recomendacións de Lectura 2019/2020

Coma tódolos anos por estas datas, recibimos as recomendación de Lectura e Música elaboradas polos EDL do Morrazo: