martes, 22 de outubro de 2019

martes, 15 de outubro de 2019

O CEIP da Cruz, premiado no II Certame de fotografía "Imaxes do patrimonio" de Ponte... nas ondas!

Abel González Ramilo, alumno de 6º no noso centro, resultou premiado co 2º posto no II Certame de fotografía "Imaxes do Patrimonio", cunha fermosa fotografía do seu bisavó, que foi xefe dunha das estacións de tranvía de Vigo, alá polo ano 1930.

Parabéns, Abel!


Podedes atopar máis información sobre os resultados deste certame sobre o noso patrimonio no seguinte enlace: Certame de fotografía " Ponte nas ondas"

xoves, 26 de setembro de 2019

Día europeo das Linguas



Comezamos un novo curso salientando a importancia do uso do galego no Ensino:

Hoxe é o Día Europeo das Linguas. Así que eu digo que queremos galego.
Galego nas casas.
Galego na lingua.
Lingua galega porque é a lingua de nós.
Patrimonio milenario.
Galego nos medios de comunicación algún día máis que o 17 de maio ou o 25 de xullo.
Galego nos colexios. Que o ensino sexa unha fonte galeguizadora e non do revés.
Galego nas tendas,  nas grandes empresas.
Galego na vida.
Avós e avoas, pais e nais, transmitindo o único que nós temos e o resto non ten, que é unha lingua de nós herdada da historia.
Galego como orgullo.
Galego con orgullo.
Galego non como máscara política dos que, no fondo, non cren no idioma nin no país.
Hoxe é o Día Europeo das Linguas e temos unha lingua, carafio! Unha lingua propia!!!
Galego.
Hoxe e sempre.
(Francisco Castro)

mércores, 27 de febreiro de 2019

#EntroidoOrgulloGalego

Aquí chega o entroido!#EntroidoOrgulloGalego

Invitámosvosa visitar na aula de música a exposición fotográfica sobre os entroidos galegos do fotógrafo Roberto de la Torre.
Tamén atoparedes actividades moi interesantes e máis información sobre os entroidos tradicionais galegos nos seguintes enlaces:



- Turismo de Galicia (pica na imaxe)
 Turismo de Galicia

E para saber máis sobre algúns destes personaxes, seguide os enlaces:



MÁZCARA DE MANZANEDA
BOTEIRO DE VILARIÑO DE CONSO


PELIQUEIROS DE LAZA


OS VOLANTES DE CHANTADA









Día de Rosalía

Estamos de celebración: o domingo 23 de febreiro foi o Día de Rosalía.
Baixamos ata Panxón ao concerto "Rosalía Pequeniña", da cantante Uxía, e o luns, na entrada do cole, houbo un pequeno acto no que o gaiteiro Antón González e Pili, a profe de Música, interpretaron a "Alborada de Rosalía de Castro".
Leuse un pequeno manifesto (da Asociación de Gaiteiros Galegos) e pegamos versos de Rosalía nun mural.





Podedes escoitar a Alborada de Rosalía de Castro na versión dos Gaiteiros de Soutelo: