domingo, 15 de xaneiro de 2023

ACTIVIDADES DE ESPAZO LECTURA

O CEIP da Cruz é centro socio protector da Asociación Espazo Lectura, unha asociación non gobernamental fundada para o fomento e a animación á lectura en lingua galega. 
Por esta razón, deixámosvos a continuación información das actividades de xaneiro e un cartaz coas propostas literarias dos diferentes clubs de lectura deste primeiro trimestre do ano 2023. As actividades están abertas a todas as persoas que estean interesadas; animádevos a participar, hai para todas as idades!





Ningún comentario:

Publicar un comentario