domingo, 15 de novembro de 2026

Podcast "20 N: A nosa voz conta"

Co motivo do Día Mundial da Infancia, o alumnado de 5º de Primaria preparou un podcast sobre a participación dos nenos e nenas na vida do Concello. A través das súas voces fálannos da importancia de escoitar as ideas, as preocupacións e as propostas da infancia.

No podcast explican que o 20 de novembro celébrase o Día Mundial da Infancia e que nesta data lémbranse os dereitos de todos os nenos e nenas: aprender, xogar, estar sanos, estar protexidos e ser escoitados. 

Tamén falan de Xeración Xa!, o Consello de participación Infantil e Xuvenil de Nigrán. 

Nel participan rapaces e rapazas de distintos centros educativos, que se reúnen para debater e levar as súas propostas ao goberno local. 

O seu traballo axudou a que Nigrán fose recoñecida como Cidade Amiga da Infancia por UNICEF, lembrándonos que a infancia non é só o futuro: é tamén o presente. 

Porque cando os nenos e nenas participan, escoitan e propoñen, todos gañamos.

Podedes escoitar o podcast no seguinte enlace de Radio Camosiña:

Podcast "20N: A nosa voz conta"