Este curso imos aprender moitas cousas sobre Galicia, e para empezar escollemos algo moi importante: o Himno Galego.
É como a que representa a todos os galegos e galegas.
Quen fixo o himno?
-
O poeta Eduardo Pondal escribiu a letra, co seu poema "Os Pinos"
- O compositor Pascual Veiga fixo a música.
De que fala o himno?
O himno dinos que debemos estar orgullosos da nosa terra, da nosa lingua e da nosa maneira de ser. Anímanos a estar unidos e a coidar o que nos fai especiais.
Por que é importante?
Porque cada vez que soa, lembramos quen somos, de onde vimos e todo o que Galicia ten para ofrecer.
É unha forma de dicir: “Aquí estamos, e estamos orgullosos da nosa terra!”
Que din os rumorososna costa verdecente,ao raio transparentedo prácido luar?¿Que din as altas copasde escuro arume arpadoco seu ben compasadomonótono fungar?
Do teu verdor cinguidoe de benignos astros,confín dos verdes castrose valeroso chan,non des a esquecementoda inxuria o rudo encono;desperta do teu sonofogar de Breogán.
Os bos e xenerososa nosa voz entendene con arroubo atendeno noso ronco son,máis sóo os iñorantese féridos e duros,imbéciles e escurosnon os entenden, non.
Os tempos son chegadosdos bardos das edadesque as vosas vaguedadescumprido fin terán;pois, donde quer, xigantea nosa voz pregoaa redenzón da boanazón de Breogán.

Ningún comentario:
Publicar un comentario