luns, 26 de outubro de 2026

Unha historia contada coas mans

Co motivo do Día das Bibliotecas Escolares, que se celebra o 24 de outubro, as nenas e nenos de 6º de Primaria fixeron un podcast sobre a artesanía galega. 

Coas súas voces descubrimos que as bibliotecas son lugares moi especiais: alí podemos ler, aprender, imaxinar e coñecer cousas novas da nosa terra.

No podcast falaron dalgúns oficios tradicionais de Galicia: os cesteiros, que fan cestos trenzando o vimbio; os oleiros, que modelan o barro para facer xerras, pratos e figuras; as tecelás, que traballan a la e a tea; e os zoqueiros, que fan zocos e zocas. 

Cada obxecto está feito coas mans e ten unha historia moi bonita.

Con esta actividade convidámosvos a ir á biblioteca do cole e buscar libros sobre Galicia e as súas tradicións, porqueer axúdanos a coñecer mellor a nosa terra, a valorar o traballo das persoas artesás e a sentirnos orgullosos da nosa cultura.

Podedes escoitar o podcast en Radio Camosiña, entrando no seguinte enlace:

Unha historia contada coas mans




Ningún comentario:

Publicar un comentario