Amosando publicacións coa etiqueta Visitas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Visitas. Amosar todas as publicacións

domingo, 16 de marzo de 2025

A voz das pandeireteiras no 8M, Día da Muller

Os nenos e nenas de Infantil 5 anos fixeron este podcast para celebrar o Día da Muller, entrevistando á pandeireteira e cantora Leni Pérez, que conectou aos pequenos coa cultura galega e destacou o papel das mulleres na música tradicional, que conservaron, crearon e seguen transmitindo a cultura galega nas súas cantigas.

Ademais, Leni Pérez visitou o cole, onde impartiu un obradoiro sobre Música Tradicional, cantando e presentando os moitos instrumentos de percusión que poden acompañar á voz.

A través da conversa con Leni, os peques aprenderon a importancia de preservar as nosas raíces e de loitar pola igualdade de xénero.

Podedes escoitalos premendo no seguinte enlace:

A voz das pandeireteiras no Día da Muller

 






xoves, 1 de xuño de 2023

CAXOTO: "Unha Galaxia chea de Letras Galegas"

 UNHA GALAXIA CHEA DE LETRAS GALEGAS

        Este é o nome do espectáculo co que nos visitou Caxoto o pasado 23 de maio como parte da programación da celebración das Letras Galegas. A través da narración oral Caxoto falou de grandes autores e autoras da historia da literatura e cultura galega, como Castelao, Risco, Cunqueiro, Carvalho Calero, Maria Victoria Moreno, Rosalía...

          Todos estes autores estaban vincunlados, dunha maneira ou outra, con Francisco Fernández del Riego. E falando da súa vida tamén puidemos coñecer feitos históricos como a emigración, a Guerra Civil, o exilio e o renacer da cultura e literatura galega co traballo desenvolvido na Editorial Galaxia.

        Rematamos a función cantando e reflexionando sobre a importancia de ler, ler, ler moito...

...e na nosa lingua!



mércores, 1 de febreiro de 2023

VISITA MUSICAL

 Ola!

No mes de xaneiro tivemos a sorte de recibir a visita de Erick, o pai de Damián e de Antonella. Erick é músico, toca instrumentos musicais do folklore galego e tamén é profesor, ensina a persoas que queiras aprender a tocar estes instrumentos. 




Ademais, Erick é tamén youtuber! Ten unha conta nesta aplicación con titoriales, técnicas, consellos... Se tedes curiosidade e queredes visitar a súa conta, premede a continuación en: Gaita & Percusión de Galicia.

Deixámosvos dous pequenos vídeos, xa que nesta visita tivemos concerto incluído con Antonella á pandeireta, Damián no bombo, Erick coa gaita e a profe Pili tocando o tambor!