xoves, 19 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 LETRAS GALEGAS 2022


      Neste ano 2022 o autor homenaxeado nas Letras Galegas é Florencio Delgado Gurriarán, nado en Córgomo, Vilamartín de Valdeorras (Ourense) no ano 1903 e falecido en Fair Oaks, Estados Unidos, en 1987.
       
      A través de diferentes propostas, ao longo destes días fomos achegándonos á súa biografía e obra, e tamén habilitamos un espazo na biblioteca do colexio onde están expostas algunhas fotografías da súa vida, así como as capas dos libros que publicou e bibliografía sobre o autor, coa que traballamos nas aulas. 

       Neste vídeo podedes ver imaxes das actividades que se realizaron desde as aulas: un xogo de probas con cuestións sobre os diferentes autores homenaxeados nas Letras Galegas, a elaboración do comecocos de Florencio co que podemos xogar e aprender datos sobre o autor ou xogos de preguntas que fixemos entre todos na pantalla dixital e cos que aprendimos un montón.

        Como veredes nas imaxes, tamén puidemos disfrutar da obra de teatro que os compañeiros de 3º e 4º prepararon para todos os nenos e nenas do colexio e coa que nos divertimos un montón!


Ademais, os nenos e nenas de 2º de primaria interpretaron "Camiño da Serra", sobre un poema de Florencio Delgado musicado por Susa Herrera e con arranxos de Xosé Liz. Escoitade, escoitade! Fixérono xenial :)


E xa por último deixámosvos unha imaxe con información sobre onde atopar diferentes materiais sobre este autor, por se queredes coñecelo un pouco máis e vos apetece xogar na casa coas vosas fillas e fillos.



venres, 15 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO


- Dende Radio Camosiña quixemos facer un podcast sobre o homenaxeado este ano: Radio Camosiña Letras Galegas 2020

- Aquí están unhas cantas propostas para celebrar o Día das Letras Galegas, coñecendo máis a fondo a figura de Ricardo Carvalho Calero:

INFANTIL, 1º E 2º DE PRIMARIA
3º e 4º DE PRIMARIA
5º E 6º DE PRIMARIA

mércores, 8 de abril de 2020

Poemar o mar

Para celebrar o Día Mundial da Poesía, uns poemas preciosos de Antonio García Teijeiro.

Podedes escoitalos no novo podcast de Radio Camosiña:

https://www.ivoox.com/poemar-o-mar-audios-mp3_rf_49833158_1.html

xoves, 19 de decembro de 2019

Carta de Nadal

Os mellores desexos para estas Festas, do alumnado de 4º de Primaria para Radio Camosiña:

Recomendacións de Lectura 2019/2020

Coma tódolos anos por estas datas, recibimos as recomendación de Lectura e Música elaboradas polos EDL do Morrazo:





sábado, 23 de novembro de 2019

Día da Concienciación contra a Violencia Machista

Podcast feito polo alumnado de 6º de Primaria para traballar o Día da Concienciación contra a Violencia Machista:

O alumnado de 1º e 2º tamén preparou, no obradoiro de Expresión  oral e Escrita da profe Adelaida, o poema "O traxín da bruxa Rita", invitándonos a reflexionar sobre as tarefas compartidas dentro do fogar e a evitar todo tipo de actitudes machistas:

xoves, 21 de novembro de 2019

Guadi Galego, premio á promoción da Realidade Plurilingüe no estado español

Un galardón concedido precisamente polo seu último traballo, Immersión, no que recolle pezas cantadas en sete linguas da Península Ibérica (galego, éuscaro, catalán, aranés, asturiano, portugués e castelán), “É unha revisión musical e lingüística das miñas tres últimas obras”, expoñia Galego (Cedeira, 1974) a Daniel Salgado nunha conversa para Sermos Galiza, “porque pasei un intre de catarse e quixen volver atrás. Creo que lle sucede a moitos artistas, o que pasa é que tamén dá moita preguiza”. Lúas de outubro e agosto (2014), O mundo está parado (2016) e Bóla de cristal (2018), tratados pop con querenzas folk, son as fontes de Immersion, que publicará Boa. "Quería que as miñas fillas escoitasen esas linguas" A relectura é musical e é lingüística. As cancións pasan a sete idiomas, todos falados na Península Ibérica: catalán, euskera, occitano, aranés, asturiano, portugués, castelán e galego. “Pensei nos meus fillos e fillas. Quería que escoitasen esas linguas, algunhas moi minorizadas”, di. Estes premios teñen recoñecido en edición anteriores a Microsoft ou Eroski polo seu uso das diversas linguas do Estado.