martes, 28 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA 2023

 DÍA DE ROSALÍA

23 DE FEBREIRO 2023

Á volta do entroido agardábanos a celebración do Día de Rosalía, e este ano a proposta do Equipo de Dinamización de Lingua Galega consistiu en sacar ao patio do centro os seus poemas.

A comezos do mes de febreiro cada grupo escolleu un poema de entre unha selección feita previamente. A maioría destes poemas complementábanse con temas musicais do álbum Rosalía pequeniña, de Uxía (Galaxia), o tema Tecín soia, do grupo d'A Banda da Loba, e a canción con xestos do grupo Migallas inspirada no poema Eu ben vin estar o moucho.

Cada grupo traballou na aula co poema escollido e os nenos e nenas escribiron os versos destes poemas nunhas cartolinas decoradas coa imaxe de Rosalía de Castro. Á volta das vacacións saimos ao exterior para penduralas nas árbores e en diferentes espazos, enchendo de versos e poemas o patio

Aproveitamos o bo tempo para celebrar un recital poético no patio, e puidamos escoitar algúns dos poemas escollidos para coñecer e achegarnos un pouco máis á obra de Rosalía. 

Celebración do Día de Rosalía 2023


Agardamos que vos guste!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Ningún comentario:

Publicar un comentario