A Real Academia Galega adiántanos a súa programación arredor de Begoña Caamaño, autora á que se lle dedican as Letras Galegas deste ano.
xoves, 12 de marzo de 2026
sábado, 21 de febreiro de 2026
Día Internacional da Língua Materna
O 21 de febreiro celebramos o Día Internacional da Lingua Materna, proclamado pola UNESCO para promover a diversidade lingüística e cultural no mundo. É unha data para lembrar que todas as linguas merecen ser preservadas, coidadas e transmitidas.
En Galiza, este día é tamén o Día da Lingua Propia.
Celebremos o galego como parte esencial da nosa identidade colectiva.
Fálalles galego.
Para que a nosa lingua siga viva.
Para que non se perda o noso legado.
Porque as linguas son clave para a educación e o desenvolvemento. Aprender na lingua materna mellora a comprensión, a participación e o pensamento crítico do alumnado.
Por iso, a educación plurilingüe —especialmente nas linguas minoritarias e indíxenas— é fundamental para construír sociedades máis inclusivas e xustas.
O 25º aniversario desta celebración lembra a importancia de seguir defendendo a diversidade lingüística na escola, nos medios e na vida pública.
💬 Falemos a nosa lingua.
Coidémola.
Transmitámola.
#DíaInternacionalDaLinguaMaterna
mércores, 18 de febreiro de 2026
Rosalía de Castro, unha muller valente
O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, unha data para lembrar a vida e a obra de dunha muller que cambióu a forma de escribir e de pensar en Galicia.
Cantaremos a canción "Rosalía pequeniña", de Uxía Senlle:
Begoña Caamaño, a escritora á que se lle dedicará o Día das Letras Galegas 2026, escribiu:
"...esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a correcta Rosalía. A Rosalía pequena, insubmisa, rebelde, pirata; a Rosalía que non é musa senón pobo... e por iso a canta o pobo. Como a cantamos nós, como a cantou no seu tempo Curros Enríquez, quen soubo ver nela esa nena soñadora que medrou até se converter nunha muller afouta e ousada. A Rosalía que todos e todos levamos dentro, e por iso debemos coñecela e cantala."
Rosalía de Castro escribía sobre o que lle preocupaba de verdade: as persoas pobres, os nenos e nenas que pasaban fame ou frío, e as familias que tiñan que marchar a otros lugares para buscar traballo.
Tamén falaba do que non é xusto, das inxustizas que sufrían moitas mulleres.
Ela ensinounos que o máis importante é respectar a todos e todas e traballar para facer do mundo un lugar mellor.
Grazas a Rosalía, o galego volveu ser una lingua de sentimientos, de historias e de xente que loita por xustiza e igualdade.
Celebrar o Día de Rosalía de Castro é cantar e lembrar a súa valentía, a súa solidariedade e o amor pola súa terra.
Porque, como dicía Begoña Caamaño,
Rosalía é un pouquiño dentro de cada un de nós.
luns, 9 de febreiro de 2026
Día Mundial da Radio
O 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio, un medio moi especial para aprender e compartir historias. No noso cole tamén celebramos este día porque temos a nosa propia radio: Radio Camosiña 📻.
Nela subimos podcasts moi interesantes que gravan as nenas e nenos do cole. Desta vez, para celebralo, imos escoitar un novo podcast feito por dous nenos de 6º de Primaria, Román e Dani, no que nos falan da lenda da Poza da Moura.
Con este podcast respondemos ao convite que nos fai Ponte… nas Ondas!, unha asociación que promove a radio escolar como un recurso educativo para mellorar as habilidades comunicativas do alumnado. Ademais, este curso tamén lles enviamos outros podcasts: o da provincia de Pontevedra, o dos Boteiros de Viana do Bolo e o do Oso de Salcedo.
Dálle ao play e deixa que Radio Camosiña che conte esta historia 🎧✨:
Podcast: A lenda da Poza da Moura
xoves, 5 de febreiro de 2026
Entroidos Tradicionais Galegos: O Oso de Salcedo e os Boteiros de Viana do Bolo
Escoitádeos no seguinte enlace: Podcast O Oso de Salcedo
OS BOTEIROS DE VIANA DO BOLO
Escóitámolos no seguinte enlace: Podcast Os Boteiros de Viana do Bolo
martes, 3 de febreiro de 2026
Entroido, entroido, entroido!
🌈 O Entroido Galego: unha festa sen igual
O Entroido é unha das festas máis especiais e queridas de Galicia. Cada ano, cando chega esta celebración, as rúas énchense de cor, música, risas e moita emoción.
Tal e como di a nosa canción, é unha festa que se vive do norte ao sur e de este a oeste, unindo a toda a xente arredor das tradicións populares.
O Entroido Galego destaca pola súa enorme variedade. En cada vila e comarca atopamos personaxes únicos, traxes espectaculares e costumes que se transmiten de xeración en xeración. Por iso é tan importante coñecelos, valoralos e coidalos para que non se perdan co paso do tempo.
En Xinzo de Limia, as famosas Pantallas corren polas rúas facendo soar as súas vexigas para avisar a quen non vai disfrazado. En Cobres, as elegantes Madamas e Galáns bailan con traxes cheos de cores, fitas ao vento e pasos tradicionais.
En Chantada, os Volantes xiran e bailan facendo abraiar a todo o mundo co movemento das súas fitas, mentres que na Ulla, os Xenerais protagonizan divertidas batallas de palabras cargadas de ironía e humor popular.
Non podemos esquecer os Cigarróns de Verín, co son das chocas e as súas impresionantes máscaras, nin os Boteiros de Viana do Bolo, que brincan sen parar acompañados polo ritmo dos bombos e das aixadas dos fulións. E en Salcedo, o Entroido vólvese salvaxe e divertido coa baixada do Oso, que corre tras a xente entre risas e carreiras.
O Entroido é moito máis ca unha festa: é cultura, identidade e memoria colectiva.
Por iso, dende queremos animar a todos a participar, aprender e respectar estas tradicións tan nosas.
💚 Coidemos o Entroido Galego, porque é unha festa única, chea de vida, que sempre paga a pena ver, vivir e celebrar.


















