luns, 9 de febreiro de 2026

Día Mundial da Radio

O 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio, un medio moi especial para aprender e compartir historias. No noso cole tamén celebramos este día porque temos a nosa propia radio: Radio Camosiña 📻.

Nela subimos podcasts moi interesantes que gravan as nenas e nenos do cole. Desta vez, para celebralo, imos escoitar un novo podcast feito por dous nenos de 6º de Primaria, Román e Dani, no que nos falan da lenda da Poza da Moura.

Con este podcast respondemos ao convite que nos fai Ponte… nas Ondas!, unha asociación que promove a radio escolar como un recurso educativo para mellorar as habilidades comunicativas do alumnado. Ademais, este curso tamén lles enviamos outros podcasts: o da provincia de Pontevedra, o dos Boteiros de Viana do Bolo e o do Oso de Salcedo.

Dálle ao play e deixa que Radio Camosiña che conte esta historia 🎧✨: 

Podcast: A lenda da Poza da Moura




Ningún comentario:

Publicar un comentario