xoves, 5 de febreiro de 2026

Entroidos Tradicionais Galegos: O Oso de Salcedo e os Boteiros de Viana do Bolo

Radio Camosiña achéganos dous dos máis famosos Entroidos Tradicionais Galegos

O OSO DE SALCEDO
🐻🎙️Neste podcast das nenas e nenos de 6º de Primaria imos descubrir ao Oso de Salcedo, unha tradición moi antiga do Entroido galego que se celebra na Pobra do Brollón, en Lugo. 
Coñeceremos quen é o Oso, quen son os seus criados e por que esta festa simboliza o final do inverno e a chegada da primavera.

Escoitádeos no seguinte enlace: Podcast O Oso de Salcedo


OS BOTEIROS DE VIANA DO BOLO

🎭 Descubrimos, da man das nenas e nenos de 5º de Primaria, aos Boteiros de Viana do Bolo, a figura máis chamativa do seu Entrudio. 
Neste podcast coñeceremos as súas máscaras con grandes pantallas, as esquilas que soan sen parar, a monca e o fulión cos seus bombos e aixadas 🎶🥁

Escóitámolos no seguinte enlace: Podcast Os Boteiros de Viana do Bolo










Ningún comentario:

Publicar un comentario