xoves, 29 de outubro de 2026

Podcast "Un Samaín cheo de emocións"

O alumnado de 3º de Primaria preparou un podcast sobre o Samaín: Unha boa ocasión para falar dunha festa galega ligada ao outono, ás cabazas, ás castañas e á noite de Defuntos.

No podcast tamén houbo espazo para falar das emocións: da ilusión, da sorpresa, da alegría e do medo. Porque sentir medo ás veces é normal, e saber nomealo e compartilo axúdanos a entendelo mellor.

Foi unha actividade na que cada voz tivo o seu momento e na que aprendemos que as emocións, incluso as máis incómodas, tamén forman parte de quen somos.

Podedes escoitalo entrando no seguinte enlace:

Un Samaín cheo de emocións



Ningún comentario:

Publicar un comentario